Skip to content

Amsolver/semente

Folders and files

NameName
Last commit message
Last commit date

Latest commit

 

History

7 Commits
 
 
 
 
 
 
 
 

Repository files navigation

Semente

Este proxecto foi realizado como Traballo de Fin de Grao de Adrián Mahía Corral. O proxecto consiste na creación dunha aplicación educativa para cativos basada en xogos e totalmente en galego que axude a manter e promover a nosa lingua, costumes e tradicións. O idea e desenvolvemento deste proxecto realizouse entre o alumno e a súa titora, Laura Milagros Castro Souto, que como integrante do Proxecto Semente fixo de intermediaria entre o alumno e o proxecto educativo.

Para máis información acerca do Proxecto Semente pódese consultar a súa web https://corunha.semente.gal/ ou as súas redes socias como X (antigo Twitter) en https://twitter.com/SementeCorunha

Aspectos tecnolóxicos

A aplicación foi construida totalmente en Java, a pesares de utilizar algún fragmento en código Kotlin utilizada para desenvolver a barra de pestanas da parte inferior da pantalla. Para o desenvolvemento da aplicación utilizouse Android Studio como IDE, SQLite como sistema de xestión de base de datos, JAVA como linguaxe principal de programación e XML para realizar o deseño das diferentes pantallas. O aspecto máis destacable quizais sexa que se utiliza o patrón de deseño Modelo-Vista-Presentador (MVP) xunto co Patrón Data Access Object (DAO), doadamente indentificables as súas utilizacións soamente mirando os nomes das clases. Se estás vendo isto e desexas continuar desenvolvendo este proxecto, agradeceríase que seguises o mesmo deseño :)

Aspectos lúdicos e educativos

A aplicación presenta actualmente tres xogos:

-O xa coñecido Wordle, pero adaptado ao galego. Axuda a coñecer novas palabras. -Un xogo basado en refráns, no que hai que adiviñar a palabra oculta do refrán entre catro opcións. Axuda a tranmitir aos máis pequenos e pequenas as nosas tradicións. -Un xogo basado en emocións, no que hai que adiviñar a emoción que se expresa mediante 4 imaxes. Fomenta a intuición e a empatía a través da interactuación con imaxes e sentimentos.

mockup_wordle1 mockup_refrans1 mockup_emocions1

Instalación

Para instalar a aplicación nun dispositivo Android o proceso é mois sinxelo. Soamente habería que descargar dende o móbil o arquivo chamado "arquivo_instalacion_semente.apk" presente na raíz do repositorio. Unha vez descargado só habería que pulsar sobre o arquivo e en caso de que apareza unha mensaxe de que é un arquivo de autor descoñecido ou algo similar, darlle a instalar igualmente, pois a mensaxe aparece porque o arquivo está sen firmar, pois son un alumno do Grao de Enxeñería Informática da Facultade de Informática de A Coruña, non unha empresa e polo tanto non dispoño dun certificado oficial para firmar este tipo de arquivos.

Licenza

A licenza deste proxecto é Licencia Licencia Pública Generar de GNU (GPL), polo tanto calquera persoa pode descargarse este código fonte, modificalo e distribuilo, coa única condición de que siga mantendo esta licenza e os cambios introuducidos tamén sexan públicos e libres.

About

No description, website, or topics provided.

Resources

License

Stars

Watchers

Forks

Releases

No releases published

Packages

No packages published